Ser amigo da Catedral de Santiago supón participar activamente na conservación e restauración deste impresionante legado patrimonial. Cada achega, xa sexa de persoas particulares, establecementos de hostalería, comercios ou de entidades, supón unha axuda de vital importancia para garantir a pervivencia dun legado histórico clave no pasado, presente e futuro da humanidade.
Vostede pode rexistrarse como amigo da Catedral a través da páxina web. Só debe encher os seus datos persoais e realizar a súa achega á Catedral de Santiago. Os seus datos serán incorporados a unha base de datos de "Amigos da Catedral". Estes datos utilizaranse para comunicarnos directamente con vostede, informar de actividades, eventos e noticias e facerlle partícipe dos proxectos da Catedral.
As contribucións dos Amigos da Catedral destínanse a proxectos de conservación, restauración e mantemento ordinario da Catedral de Santiago. Trátase de tarefas necesarias e imprescindibles para garantir o bo funcionamento diario da Catedral e facilitar o seu carácter aberto como espazo de oración e de visita cultural para todas as persoas.
Todas as contribucións son benvidas. A contribución mínima que pode realizar unha persoa ou entidade é de 25 euros, a partir desa cantidade pode realizar calquera contribución económica, sen ningún tipo de límite de cantidade.
© Catedral de Santiago de Compostela, 2023 - Aviso Legal - Cookies - Privacidade - Créditos
Fundación Catedral de Santiago. Casa do Deán, Rúa do Vilar,1 - 15705 - Santiago de Compostela - Tel. 981 569 327.