AMIGOS CATEDRAL DE SANTIAGO


Baixo o lema “A túa Catedral precísate” a Catedral de Santiago impulsa o seu Plan de Mecenado, unha iniciativa que busca o apoio de particulares, empresas e institucións para garantir o futuro da Catedral. Unha fórmula para facer partícipe á sociedade do proxecto global de conservación da Catedral.

Beneficios:

  • Carné de amigo
  • Acceso gratuíto ao Museo Catedral
  • Tarifa reducida en visitas temáticas
  • Invitación a eventos organizados por Fundación Catedral
  • 10% de desconto en tendas oficiais da Catedral
  • Desgravación fiscal

Motivos para facerse amigo:

  • Apoiar activamente a conservación do noso patrimonio
  • Formar parte dun proxecto de todos
  • Pequenos grans de area fano posible
  • Participar en eventos e actividades culturais
  • Contribuír ao carácter aberto a todo o mundo da Catedral
  • Porque sen Catedral non hai Camiño de Santiago


 

Ser amigo da Catedral de Santiago supón participar activamente na conservación e restauración deste impresionante legado patrimonial. Cada achega, xa sexa de persoas particulares, establecementos de hostalería, comercios ou de entidades, supón unha axuda de vital importancia para garantir a pervivencia dun legado histórico clave no pasado, presente e futuro da humanidade.

Vostede pode rexistrarse como amigo da Catedral a través da páxina web. Só debe encher os seus datos persoais e realizar a súa achega á Catedral de Santiago. Os seus datos serán incorporados a unha base de datos de "Amigos da Catedral". Estes datos utilizaranse para comunicarnos directamente con vostede, informar de actividades, eventos e noticias e facerlle partícipe dos proxectos da Catedral.

As contribucións dos Amigos da Catedral destínanse a proxectos de conservación, restauración e mantemento ordinario da Catedral de Santiago. Trátase de tarefas necesarias e imprescindibles para garantir o bo funcionamento diario da Catedral e facilitar o seu carácter aberto como espazo de oración e de visita cultural para todas as persoas.

Todas as contribucións son benvidas. A contribución mínima que pode realizar unha persoa ou entidade é de 25 euros, a partir desa cantidade pode realizar calquera contribución económica, sen ningún tipo de límite de cantidade.